Showing posts with label intencións. Show all posts
Showing posts with label intencións. Show all posts

Wednesday, 24 June 2009

SECCIÓNS BILINGÜES



Ortegal, Galicia



Kerry, Ireland

As seccións bilingües foron creadas para favorecer a aprendizaxe de linguas extranxeiras. Supón que outras materias, a parte da de lingua extranxeira, se impartan de xeito bilingüe, no noso caso en galego e inglés. No IES Francisco Asorey de Cambados xa empezou a funcionar fai dous anos na materia de tecnoloxía en 3º e 4º da ESO, este ano comenzamos a aventura tamén en Xeografía de 3º da ESO.

Este blog servirá de canle de comunicación cos meus alumnos e alumnas, será tamén como unha especie de diario de clase, desde o punto de vista do profesor, que se completará cos blogs personais que fará o alumnado onde se verá o que se vai facendo na aula; aparecerán exercicios e traballos que terán que realizar e tamén mostrará a pais e nais e a todos os que estén interesados como vai o funcionamento da experiencia.

Rematamos esta introducción cun poema do noso poeta cambadés que recalca a conexión que Galicia tivo sempre e ten aínda, a través do mar, con Irlanda en particular e con todo o mundo en xeral. O inglés, nos guste ou non, é hoxe a lingua de comunicación universal, coñecela mellor ábrenos as portas a poder comunicarnos casi con calquer persoa do mundo, anque tamén somos conscientes de que para querer comunicarse non abonda só con coñecer a lingua senón que é preciso a vontade de entenderse. Promover estas dúas ideas serán os obxectivos básicos desta experiencia.


IRLANDA

¡Irmanciña dourada
que pasáche-lo mar!

¡Ante a brétema, o tanguido
da campaíña de San Patricio zoando vai!

Carne, sangue, osos celtas!
¡Irlanda! ¡Irlanda irmán!
¡Ten unha nova estrela o noso ceo
e ten uns santos novos noso altar!
Chegóu o teu berro
ós cons de Fisterre que baten o mar
e abréu o teu laio, salouco e ruxido,
as vellas feridas do vello Breogán…
xa está cheo de sangue bermello
o cáliz do San Graal!

¡Irmanciña adourada
que pasáche-lo mar!
A lanza gloriosa dos feitos heroicos e os sagros misterios
en alto…afiada…na man!

RAMÓN CABANILLAS